Autor-Retrato #portraitphotography // Aprender Python

Words
388
Reading
2 min
Listen
Play
8y

Con esta publicación abrimos a recollida de artigos.
Persoas "off-chain" que desejen publicar en #galego, teñen este perfil ó seu dispor.

Autor: @Freyman

Autor-Retrato #portraitphotography // Aprender Python

100 % Recompensas Líquidas de Curación.

Olá galera. Un saúdo.

Gosto de curiosear por entre as distintas etiquetas e atopar a persoas e mais seus traballo debaixo dos seus .perfís.
Fai varias semanas veño usando as etiquetas do concurso de fotografia que organiza juliank@juliank, e tiña feita esta foto de abaixo e non sabía onde encadrala.
Decidín que usaría a etiqueta #portraitphotography porque en ese momento estaba a facer un retrato de min mesma e das circunstancias que me rodeaban.

O mais difícil de tomar esta foto foi ser quen de manter queda e enfocado o papel sin que a tixeira cortara mais mentras coa outra man agarraba o terminal.


"I will learn python " CC-BY @Freyman SA 2018

No momento da captura estaba a decirme que ía aprender Pythom, que ía (e vou) ser quen de clonar unha interface da Blockchain Steem e que vou ser quen de construir un robot de votos cuxos beneficios recairán en asociacións locais que se adiquen a promover o #bookcrossing na miña contorna.

Sei que non vai ser cousa de un momento, así que tentarei facer algún capitulo cada dous días ou así.

Empecei por a instalación da contorna de traballo guiandome por o artigo How to install steem-python, the official STEEM library for Python de foi todo a perfección.

Tamén fago o primeiro exercicio: Acceder á base de datos de Steem e tirar un balanzo.... velaiquí o resultado....

sbd_balance mediante python.png

O seguinte paso que vou dar, vai ser publicar dende a liña de comandos, por ver si son quen de aplicar correctamente o campo beneficiaries como plantexa nesta captura amosbastian@amosbastian.


Imaxe tomada de @amosbastian

A intención que teño facendo a edición de esta forma é retomar as labores de curación, pero de tal maneira que a recompensa líquida do post repartase automáticamente entre as persoas que foron seleccionadas para participar en el, e caramba, utilizar a informática para que faga as cousas automáticamente.

Posiblemente tarde un bocado ainda en ser capaz de facer isto... pero bueno, xa vos contarei...

Unha aperta, e gracias por pasar e por o voso tempo.

operacion-traduccion.svg.png

  • Non esquezas mandarme unha mensaxe para saber que fixeche unha traducción,.
Autor-Retrato #portraitphotography // Aprender Python | Ecency