Vaites !! Atopei coa INQUISICIÓN #PT !!Ou .. eu nunca acreditei no tag #pt ;-)

Manteño o tono de indignación (un tanto forzado) de este texto a hora de re-leelo, como sinal de prudencia contra puristas e inquisidores. Creo que non hai nada pior que os camiños únicos, os plantexamentos de rodillo e a pureza en xeral.
Eu creo na mestizaxe, na crioulización e na mestura .... e si for preciso, creo en THOR todopoderoso.

Estimado Sr Inquisidor:
Cando non entenda meu portugês, pregunte. Estou eiquí para axudar.

No meu português, a verba é indignación, seica en outras falas dicen indignação, e haberá palavras portuguesas crioulas que teñan outros sintagmas para apresentar o mesmo significativo, ainda que iso pode resultar duro para nosso recén estreado inquisidor.

Hoje fun advertido. ¿Qué será o seguinte?

robertoueti.png

Así é como se ve a advertencia debaixo do meu post. Eu entendo que a imaxe que de verdade se atopa en ese comentario é esta:

inquisicioj.png

... porque si algo me indigna son os e as puristas ... e outro par de coisas que vou debullar eiquí, aproveitando que xa me ferve o sangue.

Claro que me enfado !!!

@gazetagaleguia fala Português:Non ha quen de chamar atención por usar o tag #pt


Un pouco de historia, para quen non saiba...

Moito antes de que a xente europea atopara ese fantástico continente chamado América, en Europa xa se falaban lingoas e idiomas.
Un de eles é o português, que se fala na rexión autónoma onde habito, e que con ánimo instructivo, amosoche seu desenvolvemento.

Quen queria mirar e entender, decatarase de que o idioma inicial do português é o galego-português, nacido no noroeste da Peninsula Ibérica e logo segregado despois da conquista espanhola da nosa terra.

¿Sabes quen somos e que facemos, Inquisidor?

  • Estimado inquisidor, para túa información, @gazetagaleguia nace como unha revista panlusófona, que ten o ánimo de manter o contacto entre todos os lugares lusófonos do planeta, ainda aqueles onde a lingoa está altamente crioluizada.
    Voçe pode leer noso manifesto fundacional, se quixer entender: Manifesto pola creación de unha Revista PanLusófona plural, democrática, centífica e participativa
  • Estimado inquisidor, libremente optei por traballar coa comunidade da galeguia en troques de coa espanhola por sentirme agredido e invadido o igual que os pobos en outros intres colonizados por Portugal.
    Pero vaites !!! O Sr Inquisidor non gosta da miña fala porque non é pura dabondo... ou cicais, porque é pura de mais.
  • Estimado Sr Inquisidor: Semanalmente e cos limitados coñecementos, levanto unha estatística do estado da etiqueta #pt na Steem BlockChain. Pode ser que vç non goste de elo, mais vai seguir levando a etiqueta #pt, para permitirlle a vostede exercer como atuténtico inquisidor e "flag"-elar este perfil ó seu gusto.
  • Sr Inqusidor: Este perfil partipou activamente no debate da creación de unha etiqueta que abranguera a todos os paises de fala portuguesa sin excepción, e fixeno en este post, e mais neste outro post, e pese as miñas reticencias, plegueime ó uso da etiqueta tal e como se consensuou.

A indignación continúa !!

... ainda que non sei ben si chorar ou reir.... O inquisidor asina súa inquisitorial mensaxe co logotipo da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) en estado puro... vaia... pode ser que sexa de purismo total e non deixe en pé a mais que aqueles que falan no #pt correcto según o dicionario Priberan

Qué fará o Sr Inquisidor cando unha persoa de Cabo Verde, membro da CPLP, e falando en português escriba ou faga algo na súa fala? Vaino "flag"-elar tamén? Porque Sr Inquisidor, voçe esquece que o Portugues é plural e é crioulo. Cicais vç, Sr Inquisidor non quere escoitar palavras como agogô, abara ou acaraje ou acara por non ser puras dabondo e ter demasiado acento africano.

Sr Inquisidor: Deixolle unha canción en Português para que poida vostede decir que non, que português é o idioma que voçe sabe que é, e o resto m....

Mais a indignación non cesa !!

Manteño a respiración axitada ainda mirando como as sementes prenden nos terreos mais baldios.

flags.png

Prenden ben e con forza as sementes do odio e dispostas a bater coa forza do Martelo do mesmo THOR se fora posible.

Non prenden coa mesma forza posicións mais eclécticas e tendentes á fraternidade, como a proposta por @lpessin:

a_favor.png

Permitome pechar este post indignado con un texto de @manandezo:

" Muitos pensam que, por conta da colonização portuguesa pelos continentes, o idioma falado será compreensível aos viajantes de hoje a esses quatro cantos tão distintos. Ledo engano! Por ser algo completamente dinâmico e flexível, a língua varia de diversas formas, ganhando coloridos inimagináveis quando em contato com outras culturas e sociedades. O estudo da linguagem é verdadeiramente fascinante!"
@Manandezo: O Português e Suas Variações - Conceitos de Dialeto, Língua Pidgin e Língua Crioula

Por certo, Sr Inquisidor:
Debería "flag"-elar seu comentario no meu post por estar el cheo de Spam, por presumir de #pt e estar escrito en inglés, e por incluir enlaces a lugares fora do Steemit?


@Gazetagaleguia no Steem Center:

Contribucións | Perfil


Bate-Papo /Chat Portugues | Steemit Pt Twitter | Steem.Center Gal | Projeto Camoes | Projeto Lusofonia | Observador Diario |Brazilians | Brazine


Comenta, Suxire, Critica, Traduce, Partilla

H2
H3
H4
3 columns
2 columns
1 column
Join the conversation now