No Aniversario de Rosalía de Castro 2017

Rosalía de Castro fixa o começo de uma nova era para a poesia galega e que foi a base do Ressurgimento da literatura galega coa edición de Cantares Gallegos que constitui o primeiro livro escrito em galego numa época na qual a língua galega estava extinta como língua escrita.(1863)


(portada cantares.png)
Portada Orixinal de Cantares Gallegos. Fonte da Imaxe/Dominio Público.

Muitos poemas do seu livro são glosas de cantigas populares; nelas Rosalía denuncia a miséria, a pobreza e a emigração massiva a que estavam obrigados os galegos, sem deixar de verter seus sentimentos e vivências pessoais.

nascin.png
Edición dixitalizada en Archive.org/Dominio Público

Seu nascemento foi o 24 de Fevereiro de 1837 em Camiño Novo, um arrabalde de Santiago de Compostela, sendo batizada com os nomes de Maria Rosalía Rita.

Conmemoración 2017

Resultou escpecialmente emotiva por xuntarse determiñados acontecementos en torno a matriarca das letras galegas ó longo deste fevreiro.

  • O troco de nome do aeroporto de Lavacolla por Rosalía de Castro. Fonte
  • A aerolina Nowegian bautiza un dos seus avións con nome de Rosalía de Castro. Fonte
  • Unha oferta institucional dos dominios punto gal (.gal) conmemorando o 180 aniversaro. Fonte
  • Desbordou a creatividade das persoas nas redes sociais.

    rosalia_landras.jpg
    Fonte da imaxe
  • A creación do #rosaliate

    tweet_rosalia.png

En definitiva, un merecido recoñecemento á musa das letras galegas que aumenta seu prestixio internacional, pero tamén entre nós mesmas.

Deixote coa versión de "Negra Sombra" de Luz Casal.


Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Textos e composicións por @Freyman

Xoga Con Nós: Suscribe o manifesto Xoguemos

Mais Artigos arredor de Rosalía na Gazeta

H2
H3
H4
3 columns
2 columns
1 column
Join the conversation now
Logo
Center