Son muller, humana e cidadá

Grazas o feminismo o podo berrar alto e claro, porque para ser humana nos temos que nomear: “somos mulleres”, “somos cidadás”, “somos nenas”, con todos os dereitos, posicións, responsabilidades, atributos.

​E así me quero ver, completa. So así conseguiremos eliminar o sexismo, o machismo, a misoxinia, a homofobia e calquera tipo de fobia discriminatoria e violenta.

​So así eliminaremos os feminicidios da nosa sociedade, con dereitos plenos como cidadás e humanas. Participando activamente en todas as tomas de decisións que afectan a sociedade. Visibilizando o traballo das mulleres en todas as facetas da vida. Asumindo que a toma de decisións inflúe nos poderes sociais, civis, políticos e culturais. Que todo o que afecta á sociedade me afecta a mín e eu, muller, humana e cidadá quero estar nesa toma de decisións que vai a afectar a miña vida.

Porque como muller non so vexo o empoderamento dende un punto de vista individual senón cun punto de vista colectivo, non so dende un punto de vista persoal senón dende un punto de vista social. Eso fai que teña moi en conta a sororidade. Porque precisamos fortalecer a nosa conciencia de xénero e así fortaleceremos o noso empoderamento lexislativo, civil, político e social.

​Por iso precisamos un diálogo entre as mulleres e soio o podemos abordar dende o feminismo. Crear lazos entre as mulleres axudaránnos a impulsar o poder ciudadá de todas, sempre dende un punto de vista do dialógo e da paz. Porque se as mulleres vivimos en paz o mundo vivirá en paz.

​Temos que erradicar as formas existentes do sexismo, arraigadas todas elas no sistema de dominio patriarcal. Ao sobrevalorar aos homes e o masculino se inferioriza e subvalora ás mulleres e ao feminino. Isto fai que as mulleres sexamos invisibles, non somos identificadas nin recoñecidas, da igual o que fagamos, está feito por unha muller, dáselle menos valor. Se somos cidadás de pleno dereito, o dominio patriarcal desaparecería.

Historicamente, a humanidade das mulleres, so se recoñecía no aspecto da sexualidade e a inferioridade, isto levaba implícito a asignación como condición de xénero e levaba implícito que no contido da vida persoal das mulleres asumiramosnos como seres inferiores e secundarias e so alcanzaríamos a felicidade a través dos outros, nunca de nós mesmas.

Co concepto de ser muller, humana e cidadá, o que facemos é a inclusión das mulleres como suxeitas, como protagonistas das nosas vidas, coa posibilidade de compartir as nosas experiencias como protagonistas. Non precisamos de mediadores para ser felices, so compartiremos o noso mundo en condicións de igualdade, eliminaremos o concepto de amor romántico e respetaremos calquera tipo de forma de amar sempre que se respeten as condicións de igualdade.

​O feminismo é solidariedade, compromiso, diversidade, loita, liberdade ... E o feminismo ten que estar nas institucións, na sociedade, na política, nas rúas ...

O único xeito de conquerir a igualdade real e que as mulleres sexamos humanas e cidadás de pleno dereito. Entre todas e todos conseguíremolo, que as mulleres sexamos libres para que o mundo sexa libre.



​Mais artigos Feministas.
​Contactanos. Participa con nós

H2
H3
H4
3 columns
2 columns
1 column
Join the conversation now
Logo
Center