Creando un Voting-Bot de balde con FOSSBOT

Para empezar, crear crear NON vou crear nada ,xa que o bot o da feito @personz e foi anunciado no post A new voter bot - newer, smarter, freer.
Para facer a instalación de este bot utilicei a técnica mais sinxela: Seguir as instruccións de instalación que se atopan no GitHub

heroku.png

  • Creei unha conta en Heroku logo de leer as condicións de servizo e sendo conscente de que íanme pedir un número de tarxeta bancaria.

  • Usei a conta de [GitHub] de sempre.

  • Pulsei en Deploy to Heroku

    instalar_heroku.png

  • Cubrín os campos que me pediu a aplicación e nun momento tive listo o acceso a miña flamante app.
    Para Instalación e primeiros pasos eu usei:

Unha vez instalado e funcionando, centrome en intentar conter o número de votos que o robot emite cada vez que funciona. Chegou a votar 60 veces en un ciclo de votación. Meu Poder de voto quedou ben menguado logo de varios ciclos de voto.
A primeira decisión que tomei foi fedellar para votar con un poder mínimo, para o que modifiquei a variable VOTE_VOTING_POWERpara o 1%.
Modifiquei MIN_SCORE_THRESHOL a unha cifra superior e parece que acerto e consigo que se produzan menos votos. Os posts son procesados pero non son votados por non acadar a puntuación mínima.

score.png

A gráfica Score e Treshold indicanos a partir de que puntuación entreganse os votos

Tamén modifico MAX_POST_TO_READpara que a elección dos posts votados fagase de entre unha selección de 4000.

actionsbot.png

Momento no cal aplico modificacións

Outra cuestión que me indica o excelente panel gráfico do FOSSBOT é que debo equilibrar o peso das distintas variables que quero introducir no algoritmo.
A intención que persigo é ponderar a lonxitude do texto, a existencia de imaxes, a reputación do autor, que o autor seja un perfil seguido e tamén valorar si foi votado por @curie.
bot-cores.png

O día despois

Xa cambia o control que teño sobre o programa e o entendo un pouco mais. Limitei o número de votos, pero ainda así debe emitir uns cen votos ó día.
Decateime de que vai depender da cantidade de artigos que se van analisar (a mais artigos mais concordancias) e tamén onde coloquemos a puntuación mínima para ser votado. Ese parámetro modificase en MIN_SCORE_THRESHOLDno editor de configuración. (Edit Config)
As accións do algoritmo plásmanse de un xeito moi evidente nos gráficos de votación detallados para o día.
A zoa do círculo daba maior peso á reputación do autor e menos ó número de palabras do texto.Me consta que debo equilibrar a ponderación das votacións.

votow.png

Pois eiquí remato meu relato. Con esta posta en marcha poño a andar un robó que non sei a onde chegará.... logo de que comprenda toda a amplitude das variables do entorno e mais de cada un dos algoritmos.

Obrigado por ter leido ata eiquí.


@Freyman no Steem Center: Contribucións | Perfil


Comenta, Suxire, Critica, Partilha

H2
H3
H4
3 columns
2 columns
1 column
Join the conversation now