Lavanda / Lavender (Macro)

Words
191
Reading
1 min
Listen
Play
8y

5bcb683e-6732-42f2-8acd-a2a21cf9500d.jpeg


Tocoume onte recoller as froles dun pé de lavanda, que, por abandoado, caseque poderíase decir que é espontaneo.

Fixen coas poucas froles que collín un floreiro, que antoxaseme especialmente fermoso (ademais de deixar un cheiro que arrecende na estancia...) Mirao...

!

Di na wiki que, Lis Quibén recolle en Cangas (Pontevedra) a práctica que queimar flores de lavanda para esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para iso poñen nunha tella un pouco de romeu, lavanda, loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un en cada extremo da tella e o outro no medio. Despois, queiman todo iso, coas xanelas pechadas, e rematan tocando tódalas paredes cunha póla de oliveira, levando a tella na outra man e recitando un ensalmo.

Este contido é fornecido baixo a licenza Creative Commons, atribución a Manuel Freiría, partillar igual.


Steepshot_footer2.PNG Steepshot IPFS IOS Android Web
Lavanda / Lavender (Macro) | Ecency